Programación 2018
- LOPES en concerto
- PRO DJ Set After Party
- Entrenamentos libres de BMX
- Entrenamentos libres de Breakin the Beat All Styles
- Competicións de BMX
- Competicións Breakdance: Breakin the Beat All Styles
- FLATLAND con Sergio Romo, Fran Villaverde e Aaron Santos.
- Exhibición TRIAL BIKE por Martín Sanchi.
- Exhibición GRAFFITI de O RAS.
- Taller de PARKOUR para nenos.
- Kids Zone.
- PRO DJ Set
- Batalla de Gallos
- Steelo F (artista local)
- Erin
- Rels B
- PRO DJ Set After Party
DEFINICIÓNS:
BMX CUP: A Copa Bmx Rompetiño Jump, é unha proba de Bicicleta en Skatepark. En roldas de 2 minutos, os competidores deberán realizar o maximo de trucos posibles para obter a máxima puntuación posible. Riders de toda España tentasen demostrar quen é o mellor Rider en Galicia.
BREAKIN THE BEAT 2 vs 2 -All Styles BREAKIN THE BEAT: É unha competición de Baile por parellas. Unha Batalla onde entran todos os estilos de Baile, onde cada parella tendra que demostrar as súas habilidades bailando para facerse co titulo de Campións.
DH Cup -Open Galego: O Descenso Urbano, é unha das competicións máis extrema do Rompetiño Jump. Unha carreira por tempos en bicicleta, onde os riders terán que demostrar quen é o mais rápido en baixar desde o monte Dordo ata a linea de meta situada na chaira portuaria de Porto do Son, sorteando todo tipo de terreos e saltos, o máis rapido posible. Esta proba é puntuable para o OPEN Galego de Descenso Urbano, mesturando monte e rúa, técnica e velocidade..
FLATLAND: O Flatland, é unha Modalidade en bicicleta BMX, onde os riders bailan e exercitan todo tipo de trucos encima da bici mantendo o equilibrio. Riders de toda España demostrarán quen é o máis habilidoso encima da bici. Exhibición Rompetiño Jump.
TRIAL BIKE: O Trial bike, é unha modalidade de ciclismo derivada dos triais de motocicleta. O piloto debe salvar os obstáculos tratando de realizar o mínimo número de apoios cos pés. Este deporte é orixinario de España. Exhibición Rompetiño Jump.
ROLLER: O Roller, é unha Modalidade que se realiza con Patíns en Skatepark, onde os riders teñen que realizar o máximo de manobras posibles para obter a máxima puntuación. Exhibición Rompetiño Jump.
PARKOUR: O parkour, é unha disciplina que consiste en desprazarse polo medio urbano ou natural, superando os obstáculos que se presenten no percorrido da forma máis fluída e eficiente posible. Exhibición e talleres con monitores Rompetiño jump.
GRAFFITI: O grafiti é unha arte, unha modalidade de pintura libre, xeralmente realizada en espazos urbanos. Exhibición Rompetiño Jump.
MUSIC ZONE: Music Zone, é un espazo dedicado á música urbana, concretamente ao Música Rap.Batallas de Galos,concertos e sesións DJ terán lugar no Rompetiño Jump para crear unha festa única.
KIDS ZONE: KIDS ZONE, é unha zona dedicada aos nenos, onde poden aprender e practicar todo tipo de deportes e actividades relacionadas coa cultura urbana da man dos mellores monitores.